Os meus Proxectos

Benvidos á miña páxina de proxectos. Aquí comparto unha visión xeral dos meus emocionantes proxectos musicais e creativos. A través da música, compoño, interpreto e inspiro. Cada proxecto é unha viaxe única que quero compartir contigo

Agrhuo, un proxecto da academia QUODLIBET en Pontevedra, aspira a facer evolucionar a música galega de xeito natural. Pón en valor a música tradicional, combinando instrumentos cotiáns con melodías e ritmos variados, explorando as súas profundas raíces para facer cantar e bailar con paixón.

Na Maleta do Sobrado

Na Maleta do Sobrado: Un proxecto que nos leva a unha viaxe musical a través da historia dunha maleta que viaxou a Suramérica e regresou a Galicia. Cada melodía conta unha parte desta emocionante aventura

Mudland

En 2017, Mudland nace da man de Inés Tilve, Felipe Rea e Francisco Prado, pondo en escena unha obra de recuperación da música tradicional e dándolle unha nova perspectiva, logrando así uns temas orixinais empapados do seu propio estilo.

A música de Mudland é unha mestura de influencias que van desde o Folk máis tradicional, ata o Rock ou Blues máis eléctrico, que non deixa a ninguén indiferente.

Quodlibet

Quodlibet: Un dos meus mais apreciados proxectos, unha academia de música onde compartimos o amor pola arte e a creatividade sonora. Un rincón dedicado á maxia musical.

A través dunha charla/conferencia didáctica, exploramos a vida e obra de Francisco Landín Pazos, destacando a súa influencia na música galega e a importancia da gaita. Analizamos as súas composicións únicas e o seu impacto, e contamos a súa historia como músico e director de coros. A súa pegada perdura na nosa música galega

Musicidio

René é feliz tocando a gaita. Intenta vivir dela tocando nas rúas. Non importa moito se no seu sombreiro caen moitas moedas ou poucas, mentres poida seguir tocando. Pero un día decátase de que os veciños o desprecian. Entón, a súa vida e a dos veciños cambiarán para sempre. Neste proxecto, traballei nos arranxos para a gaita e interpretei a música para o curtametraxe, que recibiu varios premios e menciones internacionais. 

Ciencia con la Gaita

En unha aldea galega… un sótano, un baúl e a intriga de saber que agocha unha cinta antiga co título CIENCIA COA GAITA.

Neste proxecto fun colaborador como asesor, actor e intérprete musical, e foi presentado nun concurso de divulgación científica do País Vasco